unnamed 1

Graduación 4º ESO

Los alumnos de 4º de ESO tuvieron su esperada fiesta de graduación, después de una larga etapa de colegio.

Había un bonito decorado al fondo  formado por las Burgas y cuadros de San Vicente y Santa Luisa.

Fue una emotiva fiesta, presentada por la tutora Laura.

Todos venían “muy guapos”. Nada que envidiar a las alfombras rojas de grandes eventos.

Recibieron cartas de sus familias, regalos significativos que les recordaba su infancia, la orla, un marcapáginas elaborado por los compañeros de 3º de la ESO y la profesora Susi en plástica, un DVD con fotos y actuaciones de su trayectoria, una camiseta. . .

La tutora, los alumnos y las familias leyeron bonitos discursos. Hubo unas cuantas lágrimas y después, todos juntos,  compartimos una rica cena del AMPA.

 .

 

 

Ons 14-15 (81)

Fin de curso: Illas Ons

Onte pasamos un día fantástico nas Illas Ons. A maioría era a primeira vez que visitaba estas Illas, que non  defraudaron.

Disfrutamos da paisaxe imcomparable, das praias, coñecemos algo da súa historia, e tamén coñecemos a dous, dos  catro veciños que viven na illa .

Fixemos unha ruta ata o faro, un dos poucos que ten fareiro que vive alí . Bueno… fareiros porque son tres, e vanse turnando cada quince días. Non está nada mal este traballo!!

A camiñata mereceu a pena e voltamos con gañas de incarlle o dente ás tortillas, bocatas, ensaladillas,….. soúbonos a gloria!! Mesmo se oíu algún comentario ” está vez a miña nai saiulle mellor ca nunca”  e eu pensei ” ás nais sempre lles sae ben porque o fan con todo o cariño, pero se un ten fame… sabe o dobre”

taller de Ornitoloxía (27)

Obradoiro de Ornitoloxía

Hoxe os alumnos de 2º da ESO, asistimos a un obradoiro de Ornitoloxía. Un biólogo, do Grupo  de Anelamento  Anduriña, ensinounos unha morea de cousas interesantes sobre o mundo das aves; por qué migran, cara onde o fan, como podemos saber os seus movementos, a súa importancia dentro dos ecosistemas, etc.  

Colocaron unhas redes especiais para coller aves e que non se manquen, e así puidemos observalas de cerca e identificar as distintas especies.

Comprobamos o minucioso e importante traballo que realizan coas aves; medir,pesar, observar, recoller e analizar datos …. Por último anelamos (tipos de aneis, cores, seguimento) e soltamos. 

O coidado e respeto polos seres vivos benefícianos a todos.

londres 029

Excursión 2014-15. Londres- Holy Child

Alumnos de 3º e 4º da ESO, viaxaron ata Hastings no sur de Inglaterra, durante esta semana.  Asistiron a clases de inglés no College Holy Child, visitaron Rye, Eastbourne e Londres, e aloxaronse con familias. Así puideron coñecer o estilo de vida, os costumes e o idioma “in situ”. A experiencia foi fantástica.

meteo 018

Visita a MeteoGalicia

Na nosa visita a MeteoGalicia descubrimos unha morea de cousas sobre meteoroloxía, climatoloxía, aparellos e estacións de recollida de datos, funcionamento  dun radiosondaxe,… aprender fóra da aula sempre resulta motivador.

Se queres saber os datos que recolleu a sonda que enviamos, ata onde chegou, en que consiste un equipo de radiosondaxe, … pincha aqui

magosto 2014 (11)

Magosto 2014, Oseira-Cea

          Este ano, estivo complicado atopar un día axeitado para o magosto, foi un San Martiño pasado por auga! Pero este luns parece que escoitou as nosas plegarias e non caeu nin unha gota. Aínda así, tivemos os nosos problemillas para facer o lume e poder degustar as castañas e mailos chourizos.

De volta, fixemos unha parada na Vila de Cea para mercar o seu famoso pan.

        Pero para disfrutar dun día fantástico, so precisamos os amigos, o resto …. vaise solucionando.

Halloween market

Halloween Market

Esta é a semana do inglés no cole, e  aproveitamos para desplegar as nosas aptitudes artísticas, gastronómicas e plurilingues,  no noso particular “Halloween Market”.

Con moita ilusión preparamos uns  doces relacionados con esta festa, todos caseiros.

Decoramos e cociñamos.

Así imos recaudando diñeiro para as convivencias deste curso.

Grazas a todos por colaborar e esperamos que desfrutarades degustando estes doces que preparamos con tanta ilusión.

 

surf 012

Praia de Patos – Fin de curso

O ceo non pintaba moi ben, pero non foi impedimento para que pasaramos un día estupendo na praia.

Aprendemos un pouquiño sobre un deporte novo para a maioría de nós, o surf.  Foi unha experiencia moi divertida.

xose-maria-diaz-castro

Letras Galegas 2014

     O homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 – 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).

        En 1961 publicou a súa obra máis importante, un libro de poemas, Nimbos. 

     Deste libro, os alumnos de 3º da ESO escollemos uns poemas para o noso particular recital. Arroupamos a lectura de cada poema con música e cunha pequena posta en escena.

Parabéns rapaces, a pesar do pouco que puidemos ensaiar, quedou fantástico!